04/09/2026
SOUL JOINT CHEGA AO MOMO!
Este domingo 6 de setembro ás 18:00 h, o groove toma o control do escenario do Momo coa visita de Soul Joint, unha formación creada para g***r da mellor esencia do soul e do funk en directo.
Diego Salgado, Isra Figueirido, Pablo Pazo e Daviso únense nun proxecto onde o ritmo, a complicidade e a paixón pola música son os verdadeiros protagonistas. Un repertorio cheo de cancións que farán mover os pés aos máis afeccionados ao xénero e descubrir auténticas xoias a quen se achegue por primeira vez a estes sons.
✨ Soul, funk e moita enerxía.
✨ Música en directo para deixar que o groove fale por si só.
“Se non coñeces estas cancións, acabarás por coñecelas.”
santiagodecompostela