Mercromina Rock Bar

Mercromina Rock Bar Rock And Roll, Tus Muertos Favoritos, Hot Dogs, Granizados, WiFi, Terraza, Acústicos, Tv Series Sub

Cociñamos Exquisitos Pratos de Rock And Roll, Pop-Rock, Rockabilly, Country, Power-Pop, Surf Instrumental, Punk-Rock, Rhythm & Blues, Spaghetti Western, Doo-Wop, Garaxe, Soul, Jazz, Folk, ...

Viños, Cervexas, Cafés, Refrescos, Copas, Licores, Granizados, Hot Dogs, Terraza, Wi-Fi, Exposicións, Concertos Acústicos, T.V. Series Subterráneas, Venda e Sorteo de Entradas para Concertos. No Mercromina t

raballamos única e exclusivamente con obras rexistradas baixo licenza Creative Commons. Baixo ningún concepto facemos uso de obras rexistradas na Sociedad General de Autores y Editores.

21/12/2015

Como moitos de vós xa sabedes, volveron abrir o que foi o noso . ¡Non somos nós! Usaron o noso nome e logotipos sen a nosa autorización. O Mercromina morreu o 31/10/15.

¡Rematou a aventura!Tres anos e medio nos que vivimos grandes momentos, tamén houbo malos, pero sobre todo levamos dentr...
02/11/2015

¡Rematou a aventura!

Tres anos e medio nos que vivimos grandes momentos, tamén houbo malos, pero sobre todo levamos dentro de nós moi bos recordos.

Coñecemos xente marabillosa que hoxe en día son grandes amigos e levamos grandes decepcións con xente que considerabamos "amigos".

Bailamos, emborrachámonos, escoitamos boa música, vimos bandas en directo, visualizamos grandes películas e series, sentimos grandes sensacións, démonos bicos e apertas, coidamos de vós, tamén vos berramos cando había que facelo, pero sempre estivemos moi contentos polo bo ambiente que se creou aquí.

¡Moitas gracias! ¡Pasámolo bomba! Se isto dese cartos sería un traballo caralludo.

Marchamos coa cabeciña ben alta, pensando que igual puido ser mellor pero sentíndonos moi orgullosos do que fixemos e do trato que vos ofrecemos. Se nalgún momento alguén se sentiu ofendido, pedímoslle desculpas, se non o fixemos xa con anterioridade. Non somos perfectos, claro está, pero seguimos traballando nelo.

¡Sabemos que moitos de vós nos ides botar de menos! ¡Nós tamén!

Seguimos negociando o traspaso, se alguén máis está interesado que se poña en contacto o antes posible, logo que non se queixe. Pensamos pechar trato estes días.

Moitas gracias a todos os que nos visitastes durante estes anos, sen vós isto non tería sentido nen sería o Mercromina, a todos os que nos botastes unha man e nos coidastes dalgunha maneira e por suposto aos nosos veciños por permitirnos traballar sen ningún tipo de problema todo este tempo, que saibades que vos mimamos moito. Desculpade se algunha noite vos desvelamos.

Temos merchandising pendente, por favor, poñédevos en contacto para poder devolvérvolo.

Aínda non somos moi conscientes da sitiación pero imos botar moito de menos o Mercromina. Aí queda un anaquiño de nós.

¡Adiós Amigos!

31/10/2015
24/10/2015
22/10/2015

O Mercromina pechará as súas portas para sempre o . O horario nestas últimas semanas será de Xoves a Sábado de 22h00 a 03h00.

¡Aínda estás a tempo de quedarte co Mercromina! ¡Por favor, só xente realmente interesada! ¡Absterse curiosos!
21/10/2015

¡Aínda estás a tempo de quedarte co Mercromina! ¡Por favor, só xente realmente interesada! ¡Absterse curiosos!

Casco Vello Rúa de San Pedro, 9 Traspasamos o Bar Mercromina, no barrio máis molón de Compostela (San Pedro). Un barrio cunha xente marabillosa, repleto de coñecidos restaurantes e tendas, ademais de multitude de actividades ó longo do ano, como a famosa Feira da Primavera. O negocio es

Dirección

Boisaca, 666
Santiago De Compostela
15700

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Mercromina Rock Bar publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Mercromina Rock Bar:

Compartir

Categoría