Casa das Crechas

Casa das Crechas Bar | Clube | Lar | Hub dende 1️⃣9️⃣8️⃣7️⃣

Boa música, diversidade, cervexas, concertos e moito máis... 🍻🎻💬 M.
(1243)

A Casa das Crechas é o pub máis emblemático da cidade e un referente da música folk, tanto galega como internacional. Coñecido pola súa boa música e as actuacións en directo, por este local pasaron grupos como Jorge Pardo, Davy Spillane, Antonio Zambujo, Lenine, Joâo Afonso, Jacky Molard, X. Budiño, Pascuala Ilabaca, Kepa Junkera, Pedro Luis Ferrer, Amparo Sánchez, Leilía...

Ademais, as Crechas

é una auténtica plataforma de lanzamento para novos artistas galegos/as e tamén de aterraxe para músicos foráneos que buscan un oco en Galiza. Se queres tocar aquí co teu grupo envía info a: [email protected]
_________________

'Casa das Crechas' is the most emblematic pub of the city and a landmark of Galician folk music. Known for its great music and live performances, many international groups have played here:
Jorge Pardo, Davy Spillane, Antonio Zambujo, Lenine, João Afonso, Jacky Mollard, X. Budiño, Pascuala Ilabaca, David Alvarez, Pedro Luis Ferrer, Amparo Sanchez, Leilía...

In 26 years of life ‘Casa das Crechas’ has become a reference for the city and for Galicia, but also for thousands of tourists who come every year to know this legendary pub. In addition, Crechas is a real launch pad for young Galician artists and also the best place for foreign musicians to perform. If you want to perform here with your band, send us information about it: [email protected]

Últimas foliadas do curso 👋🏽 Anotade ben!!Mércores 3 e 10 de xuño a partir das 22:00 🎟️ entradas 2€ na taquilla
02/06/2026

Últimas foliadas do curso 👋🏽 Anotade ben!!

Mércores 3 e 10 de xuño a partir das 22:00 🎟️ entradas 2€ na taquilla

O xoves 4 de xuño o violinista Ismael Cabaleiro, especializado en jazz e música moderna presenta o seu segundo traballo ...
27/05/2026

O xoves 4 de xuño o violinista Ismael Cabaleiro, especializado en jazz e música moderna presenta o seu segundo traballo FÓRA na Casa das Crechas 🎻

📀 FÓRA é unha chave para explorar novas sonoridades cunha formación a trío acompañado de Elena Domínguez no cello e Juanjo Fernández no piano e sintetizador

🎶 O repertorio componse de composicións orixinais de Ismael, instrumentais e vocais, nas que mostra as diferentes influencias que formaron a sua voz como autor

A partir das 21:00 🎟️ entradas xa dispoñibles en .es

Este xoves 28 de maio jam de blues con The Spoonfuls 🔥☄️ a partir das 21:30 ⏰ entrada 6€🎨✍🏽 cartelazo de .dep
25/05/2026

Este xoves 28 de maio jam de blues con The Spoonfuls 🔥☄️ a partir das 21:30 ⏰ entrada 6€

🎨✍🏽 cartelazo de .dep

Este sábado 23 de maio non vos perdades a La 126 🧚🏽Unha banda de pop rock / punk pop formada por Elia, Laura e Lucía 🧺 t...
20/05/2026

Este sábado 23 de maio non vos perdades a La 126 🧚🏽

Unha banda de pop rock / punk pop formada por Elia, Laura e Lucía 🧺 tres amigas que pretenden revolucionar o panorama indie nacional coas súas voces frescas e unha actitude imparable

🫧 Entradas dispoñibles en

Gira

Pra o que resta do mes de maio aínda quedan as foliadas deste mércores 20 e o vindeiro 27 😎Aproveitade!!! 🍻 A partir das...
19/05/2026

Pra o que resta do mes de maio aínda quedan as foliadas deste mércores 20 e o vindeiro 27 😎

Aproveitade!!! 🍻 A partir das 22:00 🎟️ 2€ en taquilla

💥 Este sábado 25 de abril celebramos o 30 aniversario de  cunha programación especial durante toda a xornada!🎧 13:00 Ses...
21/04/2026

💥 Este sábado 25 de abril celebramos o 30 aniversario de cunha programación especial durante toda a xornada!

🎧 13:00 Sesión vermú "Unha fiestra ao mundo" co noso querido .panko

🥁 18:00 Foliada imprescindible con

🌹 19:30 Cantamos xuntas o 'Grândola, Vila Morena' na Praza da Quintana

🪩 Pechamos a xornada cunha pinchada ben bailonga con esta dupla de luxo: e .panko

✊🏽🍻 Vinde celebrar e brindar con nós!

🌹 Cantamos xuntas o 'Grândola, Vila Morena'✊🏽 No día da conmemoración da  , convidámosvos a achegarvos á Praza da Quinta...
21/04/2026

🌹 Cantamos xuntas o 'Grândola, Vila Morena'

✊🏽 No día da conmemoración da , convidámosvos a achegarvos á Praza da Quintana para participar nun canto popular desta composición do Zeca Afonso

🗣 Cumpliranse 54 anos dende a primeira interpretación pública deste himno da libertade, que tivo lugar en Compostela no ano 1972

📆 Sábado 25 de abril ás 19:30 horas

🫱🏼‍🫲🏾 Como parte da celebración dos 30 anos de

Mañá anunciamos algunha sorpresa máis!

mañá VENRES 17 non vos perdades a Nadie González 🔥🎶😮‍💨  a partir das 21:15 🎟️ entradas en  🫱🏽‍🫲🏾
16/04/2026

mañá VENRES 17 non vos perdades a Nadie González 🔥🎶😮‍💨

a partir das 21:15 🎟️ entradas en

🫱🏽‍🫲🏾

Este xoves 16 de abril non vos perdades a Tontxu na xira polo seu 25 aniversario 🎶A partir das 21:00 🎟️ entradas na súa ...
13/04/2026

Este xoves 16 de abril non vos perdades a Tontxu na xira polo seu 25 aniversario 🎶

A partir das 21:00 🎟️ entradas na súa web

Este sábado 11 concerto de  🎶A partir das 21:00 🎟️ Entradas en físico no local
09/04/2026

Este sábado 11 concerto de 🎶

A partir das 21:00 🎟️ Entradas en físico no local

Dirección

Via SaCarrera 3
Santiago De Compostela
15704

Horario de Apertura

Martes 17:00 - 04:00
Miércoles 17:00 - 04:00
Jueves 17:00 - 04:00
Viernes 17:00 - 04:00
Sábado 17:00 - 04:00
Domingo 17:00 - 04:00

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Casa das Crechas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría