03/06/2026
Tras un tempo de silencio, Néboa regresa ao escenario cun disco novo e coas pilas recargadas.
O venres 5 de xuño volven a Santiago, volven a Riquela, e fano para presentar en directo o que estiveron cociñando todo este tempo. Cancións novas, enerxía renovada e esa maxia que só eles saben crear.
Unha cita imprescindible para os que os levabamos esperando. Para os que creen nas segundas (ou terceiras) partes. Para os que saben que Néboa é sinónimo de bo rolo e temazos.
🗓 VENRES 5 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas á venda en DICE (link en bio)
Non faltes. Isto vai ser especial. ✨