O GALO CHECO

O GALO CHECO 💛 De luns a venres dende as 08.00 h. ata as 24.00 h.

Os sábados dende as 10.00 horas ata o peche.
🫂 Lugar de menús, tapas, racións e sorrisos.
🤍 Onde cada visita é especial.
🏠 Avenida da Coruña, 66 (Guitiriz, Lugo).

🍽️ Bo produto, sabor auténtico e menú diario.O Galo Checo, en Guitiriz. O sabor de sempre, servido cada día. 😋
05/06/2026

🍽️ Bo produto, sabor auténtico e menú diario.

O Galo Checo, en Guitiriz. O sabor de sempre, servido cada día. 😋

Mañá, dende as 20:00 h., O Galo Checo e a Praza do Curro Vello converteranse nun pequeno punto de encontro entre cultura...
29/05/2026

Mañá, dende as 20:00 h., O Galo Checo e a Praza do Curro Vello converteranse nun pequeno punto de encontro entre culturas: cervexas de distintos países, sorteos especiais e unha foliada aberta para quen queira traer o seu instrumento e sumarse á festa. Porque ás veces non hai mellor plan que descubrir o mundo cunha cervexa na man e as raíces ben presentes. 🍻🎶

🍺🍺

📢 ESTE SÁBADO TEMOS FESTA GRANDE NA CASA: O CURRO VELLO & O GALO CHECO! 🐔🇨🇿Agora si que si… XA chegou a semana! 🔥Este sá...
26/05/2026

📢 ESTE SÁBADO TEMOS FESTA GRANDE NA CASA: O CURRO VELLO & O GALO CHECO! 🐔🇨🇿

Agora si que si… XA chegou a semana! 🔥

Este sábado, a partir das 20:00 h, vémonos en Guitiriz para pasar unha tarde-noite das que fan barrio e crean lembranzas.

🍻 Boa comida, bebida fresca, música, ambiente do bo e moitas ganas de pasalo ben.

📍 A festa repartirase entre dous puntos clave:

✨ Praza de O Curro Vello
🍺 O Galo Checo

👀 Moi atentos ás próximas publicacións porque aínda quedan sorpresas por anunciar…

👉 Comparte esta publicación e etiqueta a esa persoa coa que vas vir montar a festa! 👇

🥗 ENSALADA O GALO CHECONa nosa carta de racións non podía faltar esta combinación fresca e saborosa: tomate fresco, burr...
20/05/2026

🥗 ENSALADA O GALO CHECO

Na nosa carta de racións non podía faltar esta combinación fresca e saborosa: tomate fresco, burrata cremosa, ventresca e aceitunas verdes, acompañado dunha redución balsámica que lle dá o toque perfecto. Ideal para compartir… ou non 😏



En nuestra carta de raciones no podía faltar esta combinación fresca y sabrosa: tomate fresco, burrata cremosa, ventresca y aceitunas verdes, acompañado de una reducción balsámica que le da el toque perfecto. Ideal para compartir… o no 😏

🌸🍺 PRIMAVERA FEST 🍺🌸Hai noites que nacen para quedar na memoria. No corazón do Curro Vello, entre pedra, conversa e músi...
19/05/2026

🌸🍺 PRIMAVERA FEST 🍺🌸

Hai noites que nacen para quedar na memoria. No corazón do Curro Vello, entre pedra, conversa e música compartida, o Galo Checo e a asociación de Veciños do Curro Vello queremos abrir as portas do serán para celebrar xuntos o primeiro Primavera Fest.

📅 Sábado 30 de maio
🕗 Dende as 20:00 h
📍 Na Praza do Curro Vello e no Galo Checo, en Guitiriz.

Será unha festa feita ao xeito da nosa terra: sen présa, coa xente arredor, co son dos instrumentos tradicionais enchendo o aire e coa cervexa correndo entre brindes, risas e historias.

🍻 Haberá distintos grifos con cervexas internacionais, variedades menos coñecidas e tamén esas cervexas de sempre que saben a encontro e amizade.

🎶 A música será de foliada aberta (e con máis grupos que xa avanzaremos) desas nas que non hai escenario nin distancia, porque quen queira pode traer o seu instrumento e sumarse ao latexo da noite.

🎁 Entre conversa e cantiga tamén haberá sorteos de ceas e de visitas ao Museo de Estrella Galicia, xunto con algunha sorpresa máis.

Queremos que este Primavera Fest sexa unha desas noites nas que a xente marche para a casa cun sorriso tranquilo, coa sensación de ter vivido algo bo e verdadeiro. Porque ás veces a felicidade tamén consiste niso: nunha praza con vida, nun bar aberto á veciñanza e nun feixe de persoas compartindo música, cervexa e primavera.

Agardámosvos para facer foliada, levantar os vasos e celebrar que seguimos aquí, xuntos, dándolle alma á terra. 🍃🍺🎻



🎂 GRAZAS, GRAZAS E MIL VECES GRAZAS! 🎂Aínda estamos asimilando o que vivimos este pasado sábado 9 de maio. Foi un autént...
11/05/2026

🎂 GRAZAS, GRAZAS E MIL VECES GRAZAS! 🎂

Aínda estamos asimilando o que vivimos este pasado sábado 9 de maio. Foi un auténtico non-stop de emocións, risas e ambientazo! 🥳

Desde os primeiros cafés da mañá ata que o corpo aguantou, fixéstenos sentir as persoas máis afortunadas do mundo. A sesión vermú con música en directo, o ritmo do DJ, os sorteos, as happy hours... pero, por riba de todo, a vosa presenza.

📸 Neste collage deixámosvos un anaquiño do que foi, aínda que as fotos non chegan para transmitir a maxia do que se viviu alí. Había que estar para sentilo!

❤️ O motor do Galo Checo

Nada disto sería posible sen o equipo humano que sostén este soño. Queremos dar un agradecemento infinito aos nosos camareiros e cociñeiras. Deixáronse a pel, dándoo non o 100%, ¡senón o 300%! para que todo saíse perfecto a pesar do ritmo frenético. Sodes as/os mellores! 🏆

Imos a por un novo ano coas pilas cargadas, o corazón cheo e moita, moita enerxía para seguir dando guerra. A por moitos anos máis compartindo momentos con vosoutros!

A nosa presentadora e actriz favorita, , faiche un recordatorio 👈🏾❤️🤍        🎬🍺
06/05/2026

A nosa presentadora e actriz favorita, , faiche un recordatorio 👈🏾❤️🤍

🎬🍺

Lembra: Este sábado… Prepárate para celebrar ao grande! 🎉🔥No Galo Checo estamos de aniversario 🥳 e queremos festexalo co...
05/05/2026

Lembra: Este sábado… Prepárate para celebrar ao grande! 🎉🔥

No Galo Checo estamos de aniversario 🥳 e queremos festexalo contigo durante TODO o día! 🍻✨ Música, bo ambiente e moitas sorpresas agárdante en O Curro Vello, Guitiriz.

Non faltes… vai ser inesquecible! Comparte 🥰🔥💥

🍺🎶

🎂 ¡ESTAMOS DE ANIVERSARIO NO GALO CHECO! 🥂✨¡Xa pasou un ano dende que abrimos as portas no Curro Vello e queremos celebr...
29/04/2026

🎂 ¡ESTAMOS DE ANIVERSARIO NO GALO CHECO! 🥂✨

¡Xa pasou un ano dende que abrimos as portas no Curro Vello e queremos celebralo por todo o alto con todos vós! O vindeiro sábado 9 de maio, prepárate para vivir o noso...

🔥 O GALO CHECO NON STOP 🔥

Queremos darvos as grazas por facer que este primeiro ano sexa tan especial. Por iso, montamos un planazo para que non deixedes de festexar en todo o día:

• SESIÓN VERMÚ 🍸: Comezamos coa mellor enerxía e música en directo 🎸. O aperitivo perfecto para un día inesquecible.

• TARDE - HAPPY HOURS 🍻: A festa continúa co mellor ambiente e prezos especiais para brindar polo noso primeiro ano.

• TARDE-NOITE - XAMÓN E TAPAS 🔪🍖: Contaremos cun cortador de xamón profesional e serviremos as nosas tapas especiais de aniversario. ¡Un auténtico luxo para o padal!

• NOITE - DJ SET 🎧💿: Para pechar o día como se merece, teremos connosco a un dos DJ máis coñecidos da zona. ¡Imposible quedar sentado!

• O GRAN SORTEO 💰🎁: Ao final da noite, sortearemos un total de 250 EUROS entre os asistentes. ¡Podes ser ti o premiado!

⚪️⚫️🟡 Os nosos clásicos branco e negro tíñense de DOURADO para o noso primeiro aniversario.

📸 Tedes máis información detallada nas fotos desta publicación!

Grazas por acompañarnos cada día, por cada conversa e por cada brinde. Este aniversario é voso.

Agardámosvos en Guitiriz para que o Curro Vello non pare de cantar! 🐓

🥂✨🎶🕺💃

Dirección

Avenida Da Coruña, 66
Guitiriz

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando O GALO CHECO publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría