26/07/2026
🏃♀️🏃♂️ Xa está aquí o I Cross Popular Vila de Parga! 🏃♂️🏃♀️
O próximo 26 de setembro, a partir das 16:30 h, a Carballeira de Parga converterase no punto de encontro para unha tarde de deporte, diversión e convivencia. Un evento pensado para toda a familia e para todas as idades.
✨ Que atoparás? 🔹 Categorías desde Mini ata Absoluta. 🔹 Carreira Adaptada. 🔹 Relevos Mixtos. 🔹 Fila 0 para quen queira colaborar sen correr.
🎽 Entrega de dorsais 📍 Bar CIT de Parga 🕝 Desde as 14:30 h e ata 45 minutos antes do inicio de cada proba.
🥤 Avituallamento para todos os corredores, grazas a Gadis.
🏆 Premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
🥘 Paella final no Bar CIT de Parga, elaborada por David Vázquez Varela, para todas as persoas con dorsal, incluída a Fila 0.
🎁 Obsequio sorpresa para as 200 primeiras persoas en recoller o seu dorsal, doado por Jym Sports e serigrafiado por AGAC.
🎟️ Grandes sorteos no Bar CIT de Parga ao remate das probas: 💙 Bonos do Iberik Gran Balneario de Guitiriz. 💆 Sesións de presoterapia de Belén Díaz Fisioterapia. 👗 Vale de Carber Moda. 👟 Descontos de Deportes Airalje.
💛 Ademais, todos os dorsais levarán un desconto exclusivo en Deportes A Chaira.
🎶 Música, bo ambiente e algunha sorpresa máis que iremos desvelando nos próximos días...
📲 Inscricións e Fila 0: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/3342�
💚 Corre pola Feira de Nadal de Parga! Agardámoste para vivir xuntos unha primeira edición inesquecible. 🏃🎄
A Badorna ACosta Pelu Gadis Daveiga - Mariñeiras Feira de Parga -Lugo Carber Moda Deportes A Chaira Café Bar El Recreo Café bar As Marías Teixido Flor