02/10/2020
“Un haiku nace dunha experiencia sensorial que se rexistra por escrito nunha estrofa de tres versos de cinco, sete e cinco sílabas respectivamente, dezasete en total.
Quen entre no espazo interior do haiku terá que aprender a mirar, tocar, escoitar, cheirar e probar.
O haiku evita o artificio, de ahí a importancia de contar as cousas como son, sen ningún adorno, facendo fincapé na emoción que nos producen. Trátase de mirar todo como se acontecese por primeira vez.
Un haiku é, polo tanto, un pequeno neceser que contén o esencial para transmitir a emoción ou o asombro da nosa viaxe pola vida. Só hai espazo para o necesario, polo que teremos que aprender a escoller, descartar e buscar novas opcións”