09/05/2025
Moitas gracias! 🙋🏻♀️🍽
📣📣📣🤗Xa temos gañadores da primeira edición do Pasea e Tapea por Valdoviño!!! 🎫🎫🎫Realizado o sorteo de premios ante a secretaria municipal entre os 2.339 boletos e tarxetas entregadas pola clientela nas urnas repartidas polos 17 negocios de hostalería local que tomaban parte na iniciativa, aquí van os resultados👇🏻
🎁🎁🎁As tres cestas con produtos gastronómicos van para:
▪️Andrés Pérez
▪️Fina Díaz
▪️Ismael Taracido
🍽️O xantar ou cea é para:
▪️Inés Domínguez
👉🏻E tras o reconto das votacións da clientela, a mellor tapa en concurso foi: o petisco á feira do Teleclub de Vilaboa 😋
📆🕗O acto de entrega de todos os premios terá lugar o xoves 15 de maio ás 20 horas no local gañador.
👏🏻👏🏻👏🏻Noraboa a todos e todas, e un agradecemento moi, moi especial aos 17 establecementos hosteleiros locais que fixeron posible o I Pasea e Tapea por Valdoviño 🙌🏻, e tamén á veciños e visitantes, por participar nela 🫶🏻