18/09/2026
ESTE DOMINGO → SESIÓN VERMÚ MUSICAL ÁS 13:00 h
Este domingo, a música volve saír ao encontro do vermú na Cantina do Centro Goianés.
ALHAMAR é unha aventura musical con aromas hispanos e atlánticos, un encontro entre estilos e influencias que viaxa polo jazz latino, o flamenco, a rumba, a bossa nova, a fusión… e tamén pola música clásica e popular.
Unha xuntanza de músicos que, dende a creación, a improvisación e a orixinalidade, constrúen un repertorio fresco, versátil e cheo de personalidade.
🎸 Jaime Badía — guitarra española, flamenca e sintetizador
🎸 Eduardo Bueno — guitarra española, eléctrica e voz
📍 Cantina do Centro Goianés
🗓️ Domingo · 20 de setembro
⏰ 13:00 h · Sesión vermú
🎟️ Taquilla inversa
E claro… a música sempre sabe mellor cunha mesa por diante. 😏🍕🍷
Durante ou despois do concerto podedes quedar a xantar connosco, na nosa terraciña ou no interior da Cantina. Boa música, algo de beber, comida rica e domingo sen présa.
Planazo? Planazo. 🍷🎶