Taberna Mosqueiro

Taberna Mosqueiro A taberna está para divertirse, comer ben, beber abondo, contar chistes ó carón da estufa... aqu?
(203)

25/11/2021

Gracias a todas e todos por formar parte da nosa historia!😚😘 E gracias ó equipo que fixo este video, foron moi amables, pasámolo moi ben e ata nos emocionamos😄😍.

30/08/2017
O prometido é débeda, aquí vos deixo a reportaxe que nos fixo o equipo da galega, concretamente o programa de "Collidos ...
02/02/2016

O prometido é débeda, aquí vos deixo a reportaxe que nos fixo o equipo da galega, concretamente o programa de "Collidos nas patacas" Con Paco e María, os presentadores.
Ademáis podese ver un grupo de folk, temas que dende logo, van collidos da man.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/as-tabernas-i-e-o-grupo-de-folk-ii

As mellores series galegas (Matalobos, Pratos combinados, ...) e toda a produción propia de Galicia

02/02/2016

Sei que fai moito que non publicamos nada, pedimos perdón, pero os nos encargamos de xestionar estas páxinas estivemos algo liados cos exames da universidade. Por ese motivo queremos pedirvos que para calqueira encargo que desexedes facer, chamedes ó numero da taberna (981512036), para unha resposta máis rápida, persoal e cómoda, xa que as veces non se ven a tempo as mensaxes.

En breves deixareivos por aquí a marabillosa reportaxe que nos fixeron no programa "collidos nas patacas", da TVG. Foi emitido fai duas semanas e a verdade é que non ten desperdicio!
Un bico, e sentidiño rapaces!!

16/10/2015

Olé! Moi agradecidos!!

16/10/2015

E sigue esta noite marabillosa ó voso carón!!
Gracias aos nosos clientes de sempre, gracias aos clientes de agora, gracias tamén ó roteiro de tapas de Vedra e ós organizadores... E por último pero non menos importante, gracias ó grupo que nos veu animar hoxe!!!!

16/10/2015

Moitas gracias ó grupo de foliada que nos visita esta noite por que escoitar o luar está moi ben... Pero a música en vivo emociona doutro xeito!!!

Estamos encantados con este agasallo que nos fixeron chegar de parte do equipo de Era Visto! Sobre todo miña nai Lourdes...
02/08/2015

Estamos encantados con este agasallo que nos fixeron chegar de parte do equipo de Era Visto! Sobre todo miña nai Lourdes que é unha enamorada dos ramos de flores. Destes no cravo.

Está claro que cando te atopas con boa xente, traballas máis a gusto. GRAZAS de verdade.

ERA VISTO!

https://m.facebook.com/profile.php?id=117537398257712

Hoxe temos que facer unha publicación especial, porque... Onte na de Mosqueiro estivemos de rodaxe para o programa ERA V...
31/07/2015

Hoxe temos que facer unha publicación especial, porque... Onte na de Mosqueiro estivemos de rodaxe para o programa ERA VISTO!

Ás sete da mañá chegaron tres auténticos guerrilleiros celtas (non se explica doutro xeito pra semellante madrugón) Ana, Juancho e tamén Ángel da Produtora 'Zopilote'. Vaia vitalidade, qué enerxía! En pouco tempo puxeron a taberna patas arriba: quitaron o tabaco e todas as referencias publicitarias, para repoñer os estantes con mil chismas, choios e chuminadas. Toda a bolería fóra, e no seu sitio poñemos caixas e caixas da froita. E pra ambientar, una balanza vella e un medidor do aceite do ano catapún que noso pai Suso tiña no faiado.. Xa está! Mesmo parece a nosa taberna vella con todo revolto e misturado (ou a nova, para que mentir..jaja)

E que nos falta para gravar? Pois uns bos focos, un micrófono e unha cámara. Todo pra dentro.. Non te esquezas dos operarios, os actores e actrices e algo de picar máis un café, que traballar co estómago valdeiro éche pouco agradecido. Estamos todos non? Pois alá que imos!

Comezaron a filmar. Covadonga (Puri en 'Padre Casares') fai de tendeira. E por certo, estaba de rachar coa pana! Xa nos ten afeitos, esa muller é un primor. Moitos xa destes en comparala con Lourdes, nosa nai, e arredemo se non son ben parecidas jeje e a pesar de ter que facer humor- mellor dito, BO humor- no traballo sonvos serios, moi profesionais, conciencudos diría eu. Todos se concentraban ó 200% para facelo ben -e iso hai que destacalo-. Pero ós que estivemos detrás das cámaras costounos aguantar a risa!

A verdade que foi un día moi especial. Papá Suso, que andaba polo medio, alucinaba. Abría os ollos coa sorpresa propia dun neno. Presenciou a gravación de todas as esceas dende o posto de dirección. Estaba encantado e semellaba un banco: non daba crédito jaja

Pasamos un día moi agradable, diferente, ateigado de cousas novas, nunca vistas incluso. Fainos moita ilusión pensar que todos vós poderedes ver a nosa taberna na TVG. Contannos que se estrearán os capítulos a principios do ano que vén. Quen no-lo ía dicir!

Teño que agradecerlle, e xa título persoal, a todos e cada un deles polo bo traballo que fixeron. Non pensedes que só me desmontaron a tenda, senón que voltaron todo ó seu sitio incial. Recolocaron o tabaco e ata barreron. Eran moitos, e parece que nada alí pasou, non había cambios, todo volveu ó seu lugar. E tamén agradecerlle, non só que nos divirtan, que nos entreteñan, senón tamén o emprego e difusión do galego que coa seu labor levan a cabo. Moi importante para min.

Agardamos ansiosos pola estrea. Grazas a todos eles por este día tan bonito. Saúde!

J.

Sardiñada-churrascada para celebrar o San Xoan, organizada por e para os veciños e clientes, amigos e familia... Unha no...
24/06/2015

Sardiñada-churrascada para celebrar o San Xoan, organizada por e para os veciños e clientes, amigos e familia...
Unha noite máxica para comer, lecer, bailar e saltar a cacharela (que era ben xeitosa)
Foi un pracer, coma cada ano, contar coa vosa compañía, graciñas por todo, estámosvos eternamente agradecidos...

¡¡Parabéns a todos os Juans, Juanas, Xoans, etc!!!

PD: Espero algunha foto que eu esquecinme de sacar ningunha, éstas son cortesía de Javier e Humberto.

Fai uns días que non publicamos nada, a ver se algun grupiño se anima con outra noite de foliada! Ánimo e feliz fin de s...
12/06/2015

Fai uns días que non publicamos nada, a ver se algun grupiño se anima con outra noite de foliada! Ánimo e feliz fin de semana!!

Dirección

San Mamed De Rivadulla, Feal, Número 12
Santiago De Compostela
15885

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 01:00
Martes 08:30 - 01:00
Miércoles 08:30 - 01:00
Viernes 08:30 - 01:00
Sábado 09:00 - 01:00
Domingo 08:30 - 01:00

Teléfono

+34981512036

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Taberna Mosqueiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría