17/05/2026
Na Jam Session d de maio teremos a DJANGO ÉLECTRIQUE 🎸
Este concerto reúne guitarra eléctrica, piano, contrabaixo e batería para explorar a fascinante última etapa de Django Reinhardt: un momento no que o seu inconfundíbel swing manouche comezaba a dialogar co be-bop. O resultado é unha música chea de elegancia, risco e liberdade, onde as raíces ciganas se mesturan con novas cores harmónicas e rítmicas.
David Regueiro: guitarra
Juanjo Fernández: piano
Juan Cañada: contrabaixo
Héctor Ojea: batería
DAVID REGUEIRO
Gañador do «PREMIO MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA 2023» na «Categoría JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS» (premio ao mellor proxecto de jazz de Galicia), David Regueiro, con máis de quince discos editados, é un dos guitarristas de gypsy jazz máis destacados da Península Ibérica.
Co seu trío presentou en 2020 «Areal», un álbum formado por nove composicións propias situado no jazz manouche, a corrente estética creada por Django Reinhardt, sen deixar de lado outras das súas influencias: o swing americano e o be-bop. O trío achega unha visión rigorosa e respectuosa coa tradición ao tempo que fresca e innovadora.
No 2023 presenta “PERFECT MATCH!”, o seu novo disco composto por composicións e arranxos orixinais, co seu trío e o violinista ALEXANDRE CAVALIERE. Este traballo amosa a madurez compositiva de Regueiro e unha voz propia e marcadamente orixinal dentro do jazz manouche.
En 2025 presenta dúas novas composicións co seu trío e o magnífico violinista francés THOMAS KRETZSCHMAR, co que ten proxectado gravar un novo traballo discográfico.
David Regueiro realizou estudos de Guitarra, Educación Musical, Historia e Ciencias da Música en diferentes conservatorios (Ourense, Salamanca e A Coruña) e universidades (Complutense de Madrid, Salamanca e Royal Holloway de Londres).
Tocou en Portugal, Alemaña, Reino Unido, Francia e Holanda, ademais de nas salas e festivais máis importantes do Estado español.