Buscamos fotografías de elementos pertencentes aos negocios e empresas de Compostela onde apareza a lingua galega. Cando falamos de elementos, referímonos a calquera mostra do uso da lingua galega: cartelería, escaparates, elementos decorativos, letreiros, etiquetaxe, sinalética… as portas están abertas para que as persoas participantes poidan amosar que a súa lingua está na rúa e non hai mellor c
anle para conectar. As fotografías deberán obterse en establecementos comerciais, hostaleiros ou de calquera outra empresa dentro do Concello de Santiago de Compostela. A partir diso tes liberdade para escoller: no bar da esquina, no escaparate daquela tenda de regalos, na porta de entrada a ese local no que tomas café, na etiqueta daquela peza de roupa que che encanta ou no recibo da compra...
Como funciona? Para instagrammers estas son as condicións:
1. Sube a túa foto na que o galego estea presente.
2. Faite seguidor ou seguidora da nosa conta
3. Conta onde fixeches a foto cun comentario no que inclúas as etiquetas , , e , o nome do establecemento, o enderezo ou a localización xeográfica e algún comentario que destaque o negocio ou a imaxe que escolliches. Se prefires subir a túa imaxe ao Facebook:
1. Queremos o teu “gústame” na nosa páxina do concurso.
3. Explica onde fixeches a foto e inclúe as etiquetas do concurso , , e , o nome do establecemento, o enderezo ou a localización xeográfica e algún comentario que destaque o negocio ou a imaxe que escolliches. E non hai máis, con isto convérteste en participante no concurso. Por suposto, todas as que ti queiras. Con cada foto que subas, tal como dixemos, máis opcións terás de gañar o concurso. Cales serán os premios? Dúas tabletas de última xeración. E como podo gañar? Temos preparadas dúas categorías diferentes:
Agasallo do público: As redes sociais están para dar voz á xente, para expresarse, contar cousas e, por iso, un agasallo será o premio do público, da audiencia. A fotografía que máis “like” ou máis “gústame” consiga será a gañadora do premio do público. Neste caso, se sobes a mesma foto a Instagram e a Facebook, os votos contabilizaranse de xeito individual, en ningún caso se sumarían. Agasallo do xurado: E nós tamén queremos participar. Reservamos outro agasallo para a foto que a organización considere máis orixinal, a que mellor exprese o sentir de . Podo gañar os dous agasallos? Pois claro. Imaxina que es a persoa con máis “like” ou “gústame” na túa foto, serás a gañadora do agasallo do público. E se a túa foto é xenial e a organización opina o mesmo, levarás o segundo agasallo, é dicir, os premios non serán excluíntes.
*Os contidos das imaxes e comentarios neste concurso son totalmente libres. En todo caso, a organización resérvase o dereito a excluír da participación os contidos que considere ofensivos ou inapropiados.