24/04/2020
Hoxe 24 de abril.
Fai 16 anos que o Merlego abría as súas portas, lembroo perfectamente, foi un dia de nervos e de festa ao mesmo tempo, de ledicia, unha festa que empezou as oito cando abrimos oficialmente as portas e chegou ata ben entrada a madrugada, aló polas seis da mañá,, candio se marchou o ultimo cliente. Din que unha boa inauguración é o augurio do que vai vir despois, e asi foi.
Por eso HOXE, non podo deixar pasar este 24 de abril, sin dárlllelas grazas a todos aqueles que encheron o Merlego dende o día cero, a todos aqueles que a dia de hoxe o seguen enchendo, ainda que dende a distancia, pola crítica situación que estamos a vivir. Acordándose de nós e axudando como poden, para que o SEU Merlego siga vivo, alo menos un ano máis.
Dia a dia, ano a ano, partido a partido.
Grazas de todo corazón.
E non quero que pase o día sin deixar de facervos chegar unha carta ou relato que me chegou ao meu correo; ehi vos vai:
MAIS CA UN BAR UNHA XUNTANZA DE AMIGOS
Nun pequeno Souto de castiñeiros deitado cara o solpor no lombo dun monte chamado Merlego xogaba un neno, Miguel, namorado daqueles paraxes nunca pensou verse tan lonxe deles coma para esquecelos, pero a vida levouno a Compostela ali coñeceu a Susi e foi asi como crearon o seu "Merlego ", o que empezou con moito traballo e moito amor pronto se converteu nunha casa, e como as suas antigas casas do rural galego pronto pasou a ser aquelo que podemos chamar familia, teñen duas, os que seguimos na casa da aldea e a do Merlego, a familia de sangue e a familia do día a día, dos momentos malos e dos bos, de cando se fai festa rachada ou esa saborosa androiada, de cando Aspas levanta a todo o Merlego mentres merodea a área contraria ou de cando todos nos acordamos do Zar troleando a Djalminha, pero tamen os tristes e duros, cando foi preciso esta familia estivo o lado, cando mais mal se pasaba ali estaban para dar apoio, coma ahora, e que decir do noso adalide, Manuel que mostra toda a afouteza que seus país lle inculcaron e no merlego lle mostraron, ou a miña fermosa Sophie que tan contenta se ve sendo xa unha xiareira mais, pero todo estes recordos, momentos e demais vivenzas non son nada en comparanza co sentimento que a familia do Merlego millor expresa, a EMPATIA, solo practicada por persoas con grande calidade humana, pois por sorte no Merlego non hai castiñeiros que sean sombra no sol de agosto pero si hai persoas que dan calor neste momento que quizais sexa o mais frío destes últimos anos.