17/06/2022
📢📢📢 E chegou!!!! O cartaz do SAR XOÁN 2022 🎉🎊🐟🐟 DIFUNDE!
Prometeramos novidades para poñer o barrio en pé neste Sar Xoán 2022🐟🎊. E aí van! Este é o completísimo cartaz de actividades para o xoves 23 de xuño, dende as 17 h da tarde.
Outro ano connosco a afamada serea do Sar Xoán de Cestola, que se imprimirá nas camisetas azuis ou negras que estarán á venda para financiar o evento.
Música, comercio na rúa, cultura, obradoiros, e, como non?, cacharela! 🔥🔥
Dende o Espazo Veciñal, un milleiro de grazas ás veciñas e veciños do barrio pola súa colaboración, aos máis de 20 establecementos participantes da feira e dos obradoiros, aos bares colaboradores, e á CSA do Sar e ao Pazo de Raxoi pola súa colaboración.
Verémonos na rúa, ou non?🤔