15/10/2026
Estamos moi contentos de informar a noso publico e amigos, que por fin as datas coincidiu e que despois de moito tempo intentando, imos traer ao noso local a Dani Lança, o cantante Portugués residente en Barcelona a deleitarnos cun concerto acústico a só. Este super artista internacionalmente recoñecido que interpreta composicións orixinais en español, portugués, inglés e francés, fusionando con identidade propia os ritmos da rumba portuñol, o afro, o reggae e a música latina. Recoñecido pola súa sensibilidade, carisma e autenticidade sobre o escenario, Dani Lança transmite a través das súas cancións mensaxes de amor, conciencia, liberdade de expresión, unión entre os pobos e respecto pola Terra. A súa obra invita o reencontro cun mesmo como camiño cara a unha sociedade máis xusta, igualitaria e humana. Coa súa guitarra e a súa voz ofreceu concertos en Europa, América, Asia e África, consolidando unha traxectoria internacional que o levou a compartir cartel con artistas de recoñecido prestixio como Alpha Blondy, Sting, Manu Chao, Anitta, Caetano Veloso, Gilberto Gil, Carlinhos Brown, Jorge Drexler, Playing for Change, Milton Nascimento, Bomba Estéreo, Maná, Aveludados, Carlos Vives, Flavia Coelho, Scorpions, Lisa Simone, Café Tacuba, Kiko Veneno, Raimundo Amador, Elza Soares, entre outros. Hoxe tócanos a nós temos o privilexio de recibirlo na nosa casa. Esperámoslles.