Xamonería Tertulia

Xamonería Tertulia Taberna

Xentiña bonita! Logo de asumir esta decisión, informamos que a Xamoneria Tertulia pecha as súas portas de xeito definiti...
16/01/2020

Xentiña bonita! Logo de asumir esta decisión, informamos que a Xamoneria Tertulia pecha as súas portas de xeito definitivo. Non fomos quen de despedirnos pois resultou moi, moi, doloroso. Foron moitos anos ao voso lado, momentos moi bos, días de moitas risas e, tamén, de moito traballo. Vimos partir a algúns e nacer a moitos. Estamos moi agradecidos pola clientela que tivemos, moita xa é parte das nosas vidas para sempre e agradecidos tamén polo voso apoio e confianza. Sen vós non sería posible. Grazas.❤️

29/10/2019

Queridos clientes e amigos da Xamonería Tertulia:
A partir do vindeiro luns, 4 de novembro, comezamos uns días de descanso, polo que a taberna permanecerá pechada ata o día 18. Reabriremos con enerxías renovadas o martes 19 de novembro. Desculpade as molestias que isto vos ocasione.

* Tertulia no Laño tamén permanecerá pechado nesas mesmas datas.

Hoxe ás 19:30 h inauguramos!Rúa Díaz de Rábago, 6 · A Pobra do CaramiñalTERTULIA NO LAÑO
10/01/2019

Hoxe ás 19:30 h inauguramos!
Rúa Díaz de Rábago, 6 · A Pobra do Caramiñal
TERTULIA NO LAÑO

Chegouu o diaaa! Achégate maña xoves a partir das 19:30 na rúa Díaz de Rábago, 6, da Pobra do Caramiñal. Inauguramos!!! ...
09/01/2019

Chegouu o diaaa! Achégate maña xoves a partir das 19:30 na rúa Díaz de Rábago, 6, da Pobra do Caramiñal. Inauguramos!!! 👏👏👏

07/01/2019

Olaaa xentiña bonita!
Como xa coñecedes a maioría de vós, clientes e amigos da Xamonaría Tertulia, comezamos o novo ano con cambios importantes que esperamos sexan de voso agrado. O vindeiro xoves, 10 de xaneiro, inauguramos local na Pobra, no número 6 da rúa Díaz de Rábago. Neste novo establecemento serviremos os tradicionais menús da xamonaría: comidas e ceas a base de praza (peixes, carnes e mariscos), os nosos arroces e fideuás e todos os produtos de tempada que ofertabamos ata agora.
A nosa querida taberna, a Xamonaría Tertulia da rúa Rafael Calleja, seguirá ofrecendo, como sempre, o mellor xamón, embutidos, queixos, conservas, patés, bocadillos fríos e quentes, as pulgas, croquetas, ensalada rusa e tortillas. Ah!, e para alegría de moitos, volve a tapa de patacas alioli.
Durante esta semana informaremos de como quedarán organizados os horarios de ambos os establecementos. Grazas pola vosa confianza e fidelidade,
Feliz ano a todos!

Dirección

Rafael Calleja, 23
Puebla Del Caramiñal
15940

Horario de Apertura

Martes 11:30 - 15:30
19:00 - 00:00
Miércoles 11:30 - 15:30
19:00 - 00:00
Jueves 11:30 - 15:30
19:00 - 00:00
Viernes 11:30 - 15:30
19:00 - 00:00
Sábado 11:30 - 15:30
19:00 - 00:00
Domingo 11:30 - 15:30
19:00 - 00:00

Teléfono

981 833 269

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Xamonería Tertulia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir