17/12/2025
🎄 Pechamos por vacacións (pero só un chisco) 🎄
Do 22 de decembro ao 6 de xaneiro botamos o peche para recargar forzas, facer caldo e portarnos ben… ou non tanto 😄
Volvemos o 7 de xaneiro, coa cociña quente, os pratos de sempre e as gañas intactas.
Grazas a todos os que pasástedes por aquí este ano: veciños, amigos e peregrinos de medio mundo.
Que o ano que ven veña polo menos igual… e se é mellor, tampouco lle imos dicir que non 😉
Boas festas e bo camiño. Vémonos axiña ❤️