27/08/2020
AVISO!
Casa Ballán abrirá mañá (venres) as súas portas no horario convencional, é dicir ás 7.30.
Aproveitamos, tamén, a ocasión para dicir e aclarar que en ningún momento por orde das autoridades sanitarias se procedeu ao peche do establecemento. O peche do noso bar foi motivado por unha responsabilidade social e persoal das persoas que o rexentan.
Pensamos que habendo un gromo que afectaba a tanta xente no pobo o mellor, polo ben de todos os veciños/as, era pechar as nosas portas e así o fixemos. Agora, controlado dito gromo, pensamos que é o momento de volver abrir.
Son momentos duros e difíciles para xente da hostalería, non obstante, co apoio que nos brinda cada día a veciñanza estamos seguras de que toda mala época quedará no esquecemento. Abrimos cheas de ilusión, cumprindo con todas as medidas sanitarias que nos indican, tal e como levamos facendo desde que se iniciou esta pandemia.
Hoxe máis que nunca precisamos o voso apoio para que o Ballán volva ser o bar de sempre.
Por último, dicir que trasladamos todo o noso ánimo para as persoas de Vilamarín que se viron afectadas nesta ocasión pala COVID -19, por desgraza este mal é un mal que lle pode chegar a calquera, polo tanto, todo o noso ánimo, agarimo e respecto.
Agradecemos a todo aquel/a que comparta esta publicación!