03/04/2026
Este sábado celebramos 2+10 anos de Pueblo.
12 anos de tolea, música e comunidade.
Veñen amigas moi especiais a poñer banda sonora:
+ algunha sorpresa ✨
☀️ Solazo
🕕 Desde as 18h
📍 Ourense
⸻
O Pueblo naceu en 2014 e medrou grazas a todas vós.
Entre Discos P***o, Liceo, Casa Tomada… e moitas historias que xa son parte de nós.
2 anos en Samuel Eiján.
10 na Pena Vixía.
Un pequeno lugar que acabou sendo casa.
⸻
Aquí celebrastes, chorastes, coñecestes, bailastes.
Aquí fixemos comunidade.
Nada é como ao principio.
Pero agora resistir é máis importante ca nunca.
⸻
Grazas por estar, por volver e por soster isto.
Sodes familia.
Somos Pueblo.