08/07/2026
Hai días que se lembran. Este queremos xogalo.
Hai mesas nas que compartimos unha botella.
E hai mesas nas que compartimos unha partida.
As dúas teñen algo en común.
Sempre acaban xuntando á xente.
Este torneo nace porque creemos niso.
Que unha mesa pode servir para coñecerse.
Para rir.
Para brindar.
Para competir con respecto.
Para crear vínculos.
Por iso Sede, Jota Jota, Planetafutbolín e Adega Pateira decidimos facer isto xuntos.
Porque seguimos crendo que 1 + 1 nunca fan 2.
E porque hai cousas que só pasan cando alguén decide sentarse na mesma mesa.
Non organizamos un torneo para xogar ao fútbolín.
Organizámolo para que a xente teña un motivo máis para sentarse na mesma mesa.
🤝 Respecto sempre. Pique, o xusto. O resto arránxase cunha revancha.