10/05/2020
Mañán volvemos abrir as portas do Lar, aínda que non ides poder entrar.
Antes de nada deséxovos saúde e que todos estedes o mellor posible.
Informar que modificamos o horario que era habitual no Lar aínda que por cuestións de conciliación familiar non será un horario de mañán como era a miña intención.
O horario será de 15:00 a 23:00 como máximo debido ao horario de saída da fase 1.
Non vós vou pedir por favor que veñades ao Lar, eso é o de menos; solo vós pido que vaiades a onde vaiades o disfrutedes e con responsabilidade sobre todo;
O que si vós pido e creo que é o pensamento común, e que intentedes ir a darlle de ganar un pouco a todos, xa que son tempos difíciles para todos.
Dende o Lar nada máis, solo informar de que adoptamos unhas medidas de hixiene protocolarias e de orde de traballo a altura das circunstancias.
Entre elas están o uso de xeles para os clientes, entrada e saída ao baño por zonas distintas á zona de traballo, protección do traballador de cara ao cliente, cobro con tpv (aislado) preferiblemente(no caso contrario, o uso de cartos en efectivo tereinos separados, por un lado os cartos de ingreso(que serán logo desinfectados) e por outra parte as devolucións que eses estarán totalmente desinfectados, deste xeito minimimazos riscos).
Limpieza asídua de baños e de mesas e sillas entre cliente e cliente.
Outras moitas mais medidas que nos traen un pouco se cabeza a todos pero que con paciencia e saber estar todos o conseguiremos.
Saúde e vémonos nos bares