Taberna O Lelé

Taberna O Lelé A Taberna do Eloy, máis coñecida como O Lelé, é un negocio familiar que leva aberto ao público dende 1925, sendo así o bar máis antigo da vila.

Encóntrase nunha acolledora praza no centro histórica de Noia a carón da Igrexa de de San Martiño.

🎷 O jazz volve soar en Noia!Este venres 14 e sábado 15 de agosto, a Praza da Constitución convértese nun pequeno club de...
11/08/2026

🎷 O jazz volve soar en Noia!

Este venres 14 e sábado 15 de agosto, a Praza da Constitución convértese nun pequeno club de jazz ao aire libre coa chegada de JazzNoia 2026. Dúas noites para g***r de grandes músicos, propostas moi diferentes e, sobre todo, moita música en directo.

E nós, dende Taberna O Lelé, témolo claro: estes días toca deixar que o jazz poña a banda sonora ás noites de agosto. 🍻🎶

VENRES 14 · dende as 21:30 h

🎸 Rubén Reinaldo Quartet
O guitarrista vigués Rubén Reinaldo chega cunha proposta de jazz fusión instrumental, melódica e aberta a diferentes influencias. O seu último traballo, Fusión Olívica, bebe do jazz moderno e das súas propias raíces galegas, cunha formación na que guitarra, órgano, contrabaixo e batería dialogan constantemente.

🎹 Xan Campos – “Amorodios” · 23:00 h
Un dos nomes máis persoais do jazz galego actual. O pianista de Cangas presenta Amorodios, un proxecto no que o jazz contemporáneo se atopa coa música tradicional galega, a electrónica, o rock e a improvisación. Unha proposta diferente, arriscada e cunha forte identidade propia.

SÁBADO 15 · dende as 21:30 h

🌉 Atlantic Bridge Trio & Steve Brown
Unha auténtica ponte musical entre Galicia e Estados Unidos. Atlantic Bridge naceu precisamente da relación musical entre o pianista galego Alberto Conde e o guitarrista estadounidense Steve Brown, combinando a tradición do jazz norteamericano con influencias ibéricas. Unha oportunidade estupenda para escoitar jazz de enorme nivel en pleno corazón de Noia.

🎤 RPE Trío & Puri Penín · 23:00 h
RPE —Revista do Pop Español— está formado por Jacobo de Miguel ao piano e voz, Billy Villegas ao baixo eléctrico e Luis Seín Fernández á batería. Nesta ocasión estarán acompañados pola voz de Puri Penín, cantante cunha longa traxectoria que tamén se move por territorios como o folk, o country, o blues e a música de raíz.

Así que xa sabedes: 14 e 15 de agosto, paseo por Noia, parada no Lelé para coller forzas 🍻 e despois… que soe o jazz! 🎷

📍 Praza da Constitución · Noia
🗓️ 14 e 15 de agosto
🎷 JazzNoia 2026

Grazas e por facer posible outro ano máis este certame 🫶

16/06/2026

Din que o verán comeza o 21 de xuño. No Lelé sabemos que non empeza de verdade ata que María Fernanda de o pistoletazo de saída. ☀️🍹😂
Porque mentres uns pensades nas vacacións, Fer está collendo forzas para sobrevivir a este verán, que non é pouca cousa. 😂🍻

29/05/2026

🍷 Xa temos dispoñibles os vasos reutilizables do 100 aniversario!

Dous modelos:
🔴 Translúcido / granate
🔵 Branco / azul

💶 Prezo: 1€

Se usas o mesmo vaso toda a noite o planeta agradecerao … e a barra tamén. ♻️🍻 😄

28/05/2026

🚨 XA TEMOS A PROGRAMACIÓN CASE LISTA! 🚨

Este 100 aniversario da Taberna O Lelé vén cargadiño de festa, carallada e moitas risas 😏🍻

✨ Teremos:

🥟 Empanada de Fer de tapa
🍷 Volven as tumbas máis esperadas… de balde ata rematalas!
🍺 Cañas de Alhambra a 1,50€
🎩 Gorros de Alhambra ata fin de existencias
🍹 Mojitos enxebres a 5€
🎧 DJ VANE en cabina para bailar sen parar!
♻️ Vasos reutilizables edición especial 100 aniversario por 1€
📸 Photocall
👕 Merchandising Lele Club

E sobre todo… unha noite para desfrutar todxs xuntxs , con boa onda, boa música e moita… pero que MOITA carallada 💥🔥

Non faltes, que isto promete ser histórico 😎

⚠️ IMPORTANTE: O DOMINGO PECHAMOS!!! Así que xa podes vir a dalo todo o sábado 😊🫶

27/05/2026

De novo volvemos tirar de vellos contactos 😎🤣

25/05/2026

Pois iso!!! Estades (case) todos convidados 🫶🤣

20/05/2026

Hoxe tocou tirar de contactos 😎✈️🙌

19/05/2026

Festa 100 aniversario-Sábado 30 de Maio

Mañá tardiña de viños, filloas, entroido e Paris Dakar como o de antes!!!! Esperámosvos cá fiolleira chea e a chimenea a...
12/02/2026

Mañá tardiña de viños, filloas, entroido e Paris Dakar como o de antes!!!! Esperámosvos cá fiolleira chea e a chimenea acendida.
Fer xa ten disfraz… e vos ? 🙌💕

Dirección

Plaza Constitución, 5, La Coruña
Noya
15200

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Taberna O Lelé publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría