13/03/2026
Xa temos establecemento gañador do Certame de Tapas de Entroido do Concello de Narón ❗ O restaurante A Serra, coa súa proposta "O can cocido by Leiras Food", fíxose co premio da edición deste ano, que lle foi entregado esta mañá pola alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro. Os irmáns Dámaso e Uxía López Sueiras recolleron o trofeo conmemorativo e serán agasallados ademais cun vídeo promocional e publicidade en dous medios de comunicación.
Tamén se entregaron as cestas que se sortearon entre quen votaron no certame, que foron para Almudena Alonso Leal, Luis Santiago González e Daniel García Espasandín.
Parabéns para todos eles❗