26/06/2018
QUEDADA MOTEIRA. SÁBADO 30 DE XUÑO.
Mediante este comunicado queremos facer partícipes neste día, os nosos compañeiros e amigos do Grupo Motero CORRECAMIÑOS, os cales decidiron acompañarnos neste día mediante unha xuntanza, con saída programada ás 17.00 horas, dende O Castelo de Santa Cruz (A Guarda) pola comarca do Baixo Miño.
Rock'n'Rolla A Guarda quere dalgunha forma premiar a estes compañeiros das dúas rodas, tendo preparado para estes amigos CERVEZA DE BENVIDA, tanto para este Grupo como para os demais Grupos e Motoclubes moteiros que nos acompañen este día, sempre acreditando dita condición de socio.
Queremos tamén informar que decidiron unirse a este evento os nosos amigos do BODEGÓN OS SEIXIÑOS. O BAR DO TRINTA, sito na Praza dos Seixiños, A Gándara (AGuarda), lugar de paso da ruta moteira programada, no cal, grazas a estes amigos, os moteiros poderán disfrutar de PINCHOS DE BALDE.
Un saúdo e Gas!!!
A inauguración do local celebrouse o sábado 21 de diciembre de 2013.
La inauguración del local se celebró el sábado 21 de diciembre de 2013.