02/04/2025
Despois de 14 anos, o boulevard fisterra chega ao seu fin.A vida lévanos por outros derroteiros,por outros proxectos nos que xa éstamos inmersos.Por este motivo queremos facer público hoxe que ¡¡ O BOULEVARD VÉNDESE OU TRASPÁSASE !!
Esta venta/traspaso inclúe todo movible o que hai no local.Está completamente equipado e ten a Licencia de Cafe Cantante (esto implica un maior horario de apertura que outros coa licencia de pub) tendo unha insonorización que aparece no Certificado Acústico Oficial emitido pola Xunta de Galicia e que permite realizar actuacións de música en vivo no seu interior sen ningún tipo de problema.
O local ten tódalas inspeccións ao día e non precisa de ningún tipo de reforma ou arreglo para seguir funcionando como ata o de agora.
No caso de querer instalar unha cociña,ten o permiso para instalar unha saída de fumos.
Está listo para entrar e comenzar a facturar nesta nova tempada.
Conta con 190 m2 de superficie (2 almacéns,ún de 53 m2 e outro dentro da barra de 8 m2)
Ten unha cabina de música onde se controla todo o referente so audio e imaxen do local e dispón tamén dunha Zoa de Coctelería.Dispón asimesmo de equipo de son e iluminación específico para concertos,así como a tarima para os eventos.
Tamén dispón dunha terraza pechada de 36 m2 acondicionada para calquera estación do ano.
ESTAMOS SEGUROS DE QUE É UNHA MAGNÍFICA OPORTUNIDADE.
¿AXÚDASNOS A DIFUNDILO?
GRACIAS.
* Para máis info podes contactar por aquí e estaremos encantados de atenderche.