31/12/2025
31 de Decembro de 2025...
Outro ano máis que remata e que nos deixa recordos de momentos increíbles. Porque esta vida trata diso... ✨🥂🌟
Trata do café que ves tomar pola mañá antes de entrar a traballar, con leite temprado porque o tempo non é moito😂, acompañado do pincho de tortilla recién feita, mentres lle botas un ollo á prensa. Da mesa chea de xente que se xunta cada mañá para tomar o café e charlar sobre un pouco de todo, na que nunca faltan os sorisos e as caras alegres, acompañadas do noso bizcoito caseiro.
Do café con leite grande, sen lactosa temprado e con sacarina que ves tomar antes de abrir o teu negocio, ou de deixar os nenos no colexio, cada día, sen fallar.
Do viño e a cervexa de mediodía, que acompañades da tapa do día ou da nosa tortilla, (se ainda queda...jajaja🤤)
Trata das tardes, nas que tamén nos acompañades, como non sempre con risas e bo humor e das comidas e ceas que salen da nosa cociña, directas a contentar as barrigas e a alegrar os corazóns.
Poderíamos seguir mencionando momentos, pero seguramente nos deran as uvas. Todos e cada un destes intres son os que nos fan medrar, aprender e por suposto tratar de mellorar no noso camiño.
Como todos os anos, nestas datas todos botamos a vista atrás, lembrando acontecementos do ano que estamos pechando, ao tempo que lle pedimos bos desexos para os nosos ao ano que se estrena.
Dende o Mesía, queremos darvos as gracias por acompañarnos durante todo este tempo e por facer que o 2025 fose un ano xenial e increíble rodeado de todos e todas vos. Gracias inmensas por todas e cada unha das veces que cruzaches a nosa porta e nos fixeches un chisquiño máis felices se cabe.
De parte do equipo do MESÍA, FELIZ ANO 2026 para todos e todas! Que veña cheíño de cousas boas para celebrar, de momentos increíbles para seguir compartindo. Que traia saúde, felicidade, amizade, amor... e moito apetito! 😂🤤
Vémonos no MESÍA para esperar aos Reis Magos! 👑 GRACIÑAS POR ACOMPAÑARNOS! 🥂🌟🥂