27/02/2012
E ata aquí chegamos, tamén nas redes sociais... Co vídeo que o sábado deu por finalizada a última actuación na Sala The Star de Carral deixamos descansar, tamén por un tempo, o que foi toda unha honra: poder compartir con vós a través de Facebook un traballo tan fermoso e intenso como, ás veces, pouco comprendido. Non sabemos cando volveremos, nin se volveremos algún día, pero si sabemos que a ilusión coa que neste tempo vivimos a aventura da Sala The Star non morrerá nunca. Esta empresiña foi para todos os que formamos parte dela tamén parte das nosas vidas, da de Jaime, Marcos, Encarna, Jose, Fátima, Susana, Cris, Cori, Carlos, Zalo, Pablo, Casal, París, Montes, Pilar, Álvaro... En nome de todos, grazas por facer posible todo isto desde o outro lado, e ata sempre.
Catro anos e medio de cultura, de festa, de humor, de música, de espectáculo. Do mellor que soubemos facer. Agora, toca poñer un punto e seguido...