Sempre Carballo

Sempre Carballo Programa de reactivación económica local a través de subvencións directas, impulsado pola Concellaría de Promoción Económica do Concello de Carballo.

http://semprecarballo.gal Co programa 'Sempre Carballo' o Concello quere contribuír á reactivación económica local a través de subvencións directas a todas as persoas maiores de 18 anos e empadroadas no noso concello. Con este obxectivo, o Concello de Carballo outorga unha axuda universal de 30€ en forma de tarxetas-bono que poden utilizarse para realizar compras ou pagos nos establecementos adher

idos. Pódense solicitar as tarxetas-bono entre o 15 de setembro e o 15 de novembro a través da web https://semprecarballo.gal/

Chegou o momento do balance final da iniciativa 🌳  🌳👉Máis de 18.045 tarxetas utilizadas en 262 establecementos con 22.61...
16/02/2021

Chegou o momento do balance final da iniciativa
🌳 🌳

👉Máis de 18.045 tarxetas utilizadas en 262 establecementos con 22.618 operacións de compra e un consumo final por valor de máis de 541.350 euros.

👉As campañas e publicacións en redes foron de récord tamén, chegando a un total de 250.251 persoas.

As cifras abraian por si soas, mesmo emocionan, pero sobre todo énchennos de orgullo do que somos e do lugar que construímos e habitamos, e reafírmanos no camiño iniciado coa participación masiva e apoio incondicional da cidadanía de Carballo, unha vez máis.

GRAZAS por contribuír a reactivar a economía tecendo unha rede de solidariedade e compromiso que dende este o voso Concello estamos empeñados en manter e mesmo acrecentar con novas iniciativas que se traduzan en prosperidade e riqueza para todos e todas.
🌳SEMPRE CARBALLO🌳

Info e datos completos: https://cutt.ly/fkTXzW5

⚠️⚠️⚠️Xa estamos nos últimos cinco días para esgotar o saldo da tarxeta 'Sempre Carballo' e colaborar así coa economía l...
26/11/2020

⚠️⚠️⚠️Xa estamos nos últimos cinco días para esgotar o saldo da tarxeta 'Sempre Carballo' e colaborar así coa economía local⚠️⚠️⚠️

👋Última semana para facer uso da tarxeta 'Sempre Carballo'‼️Agora que xa a tes, que non che queden sen consumir os 30 eu...
24/11/2020

👋Última semana para facer uso da tarxeta 'Sempre Carballo'‼️
Agora que xa a tes, que non che queden sen consumir os 30 euros; é unha pequena axuda para ti, pero moi importante para reactivar o comercio local.

E lembra: se non levas a conta do gastado, podes consultar o saldo en calquera caixeiro de Abanca ou na páxina www.damemisaldo.com

Non te despistes co calendario: últimos dez días para facer uso da tarxeta 'Sempre Carballo'‼️Inviste no local, gañamos ...
21/11/2020

Non te despistes co calendario: últimos dez días para facer uso da tarxeta 'Sempre Carballo'‼️

Inviste no local, gañamos tod@s!

Aínda que a maioría dos establecementos de hostalaría e restauración do concello están pechados polas restricións da Xun...
19/11/2020

Aínda que a maioría dos establecementos de hostalaría e restauración do concello están pechados polas restricións da Xunta de Galicia ante o avance da COVID-19, cada vez son máis os que dispoñen de servizo de entrega a domicilio ou para recoller. E en moitos podedes usar a tarxeta 'Sempre Carballo'.

Non deixedes pasar a oportunidade de solidarizarvos con eles, como fan xa ducias de negocios do comercio local que ofrecen descontos nas compras a quen presente un recibo de pago na hostelería do municipio. Desde 'Sempre Carballo', moitísimas grazas a uns e toda a forza e ánimo para os outros.

17/11/2020

Estamos na recta final da campaña: tes ata o 30 de novembro para gastar os 30 euros da axuda en calquera dos 262 establecementos adheridos. Busca o distintivo nos escaparates ou entra en www.semprecarballo.gal. e consulta a listaxe de empresas colaboradoras.

Consume o noso comercio. Utiliza a tarxeta 'Sempre Carballo' e aposta por reactivar a economía local.

A solidariedade do   de   coa   local é a mellor campaña. Desde 'Sempre Carballo', grazas a todos pola vosa xenerosidade...
16/11/2020

A solidariedade do de coa local é a mellor campaña. Desde 'Sempre Carballo', grazas a todos pola vosa xenerosidade.

🤚 Hoxe é o último día para tramitar a tarxeta-bono Sempre Carballo e xa superamos as 18.000 solicitudes recibidas: 18.00...
15/11/2020

🤚 Hoxe é o último día para tramitar a tarxeta-bono Sempre Carballo e xa superamos as 18.000 solicitudes recibidas: 18.000 carballesas e carballeses que comprando e consumindo en Carballo botar unha man á hostalaría e ao comercio local no momento no que, probablemente, máis o precisan. Se ti aínda non a pediches, toma nota 👇

➡️ Entra aquí e cubre o formulario de solicitude: https://semprecarballo.gal/formulario-solicitude/
É moi importante revisar ben os datos antes de envialos‼️

➡️ As tarxetas serán enviadas por correo postal xunto cunha carta que é moi importante conservar, xa que inclúe as claves persoais e as instrucións necesarias para activar a tarxeta. O proceso é moi sinxelo.

➡️ A tarxeta “Sempre Carballo”, que ten un saldo de 30 euros, entregarase de balde a todas as persoas maiores de idade e con residencia no noso concello (a data de empadroamento debe ser anterior ao 31 de xullo deste ano) que a soliciten. Os 30 euros poderán consumirse ata o 30 de novembro nos 262 establecementos adheridos. Podes consultar a relación aquí: https://semprecarballo.gal/empresas-adheridas-sempre-carba…/

‼️ Se precisas axuda ou máis información ponte en contacto:
➡️ Por correo electrónico: [email protected]
➡️ Por Whatsapp: 881 243 836

Debido as novas medidas restritivas adoptadas pola Xunta de Galicia para frear a incidencia da COVID, os negocios de hos...
13/11/2020

Debido as novas medidas restritivas adoptadas pola Xunta de Galicia para frear a incidencia da COVID, os negocios de hostalería pecharán a partir do sábado, non sendo os que teñen servizos para levar ou a domicilio. Aproveitade este tempo para facer uso do bono-tarxeta nestes establecementos e darlles moito ánimo.

Consume de verdade: consume comercio de proximidade. Coa tarxeta 'Sempre Carballo'.Hai 262 negocios en todo o Concello o...
13/11/2020

Consume de verdade: consume comercio de proximidade. Coa tarxeta 'Sempre Carballo'.

Hai 262 negocios en todo o Concello onde podes facelo: non tes escusas, pero si aínda máis de dúas semanas por diante para facer as túas compras cos 30 euros da axuda e contribuír á reactivación da economía carballesa.

Busca nos escaparates o distintivo de 'Comercio adherido' ou entra en www.semprecarballo.gal e consulta a listaxe dos establecementos colaboradores.

⚠️Agora xa non o podes adiar máis⚠️ Estamos na última semana para que te reactives coa tarxeta-bono 'Sempre Carballo': e...
12/11/2020

⚠️Agora xa non o podes adiar máis⚠️ Estamos na última semana para que te reactives coa tarxeta-bono 'Sempre Carballo': este domingo remata o prazo de solicitude.

Non ten ningún misterio: se es maior idade, estás empadroado en Carballo e dispós de un enderezo de correo electrónico válido, entra en www.semprecarballo.gal e cubre o impreso.

E cando recibas a tarxeta, bule a gastar os 30 euros da axuda, como xa fixeron milleiros de veciños estes días, contribuíndo así a recuperación do comercio local.

Compra en Carballo! Consume en Carballo! Apoia a economía local usando a tarxeta-bono 'Sempre Carballo'! En todas as par...
10/11/2020

Compra en Carballo! Consume en Carballo! Apoia a economía local usando a tarxeta-bono 'Sempre Carballo'!

En todas as parroquias do concello atoparás comercios adheridos á campaña onde gastar os 30 euros da axuda (lembra: tes de prazo ata o 30 de novembro). Busca nos escaparates o distintivo ou entra en www.semprecarballo.gal e consulta a listaxe de establecementos colaboradores.

Dirección

Praza Do Concello De Carballo
Carballo
15100

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Sempre Carballo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Sempre Carballo:

Compartir