O Adro Cangas

Cómo llegar Contactar con la empresa

O Adro Cangas Sala de concertos e taberna cultural.

ESTE VENRES PODE PASAR CALQUERA COUSA!DJ KePasa trae un follón criminal de casetes, cedés e vinilos para unha pinchada m...
21/10/2026

ESTE VENRES PODE PASAR CALQUERA COUSA!

DJ KePasa trae un follón criminal de casetes, cedés e vinilos para unha pinchada multisoporte onde soarán ritmos tropicais, brasileiros, galegueiros ou quen sabe o que...

Ti ven e baila!

🥁 AS DARBUKAS DACOLÁ NO ADRO!O próximo domingo 25 de outubro recibimos unha proposta ben especial! As Darbukas Dacolá ch...
18/10/2026

🥁 AS DARBUKAS DACOLÁ NO ADRO!

O próximo domingo 25 de outubro recibimos unha proposta ben especial! As Darbukas Dacolá chegan dende Vigo cun espectáculo que combina música, percusión e danza, explorando os ritmos e melodías de diferentes culturas.

Con máis de 13 anos de traxectoria, a formación achéganos ás músicas de lugares como Marrocos, Turquía, Exipto ou o Líbano, mesturando instrumentos como a darbuka, o daf ou o riq con outros da nosa tradición, como a zanfona e a pandeireta.

Un directo cheo de percusións, voces e movemento, no que a danza tamén ten un papel protagonista e no que non faltará a conexión co público.

📅 Domingo 25 de outubro | 19:00 h

🎟️ 10 € anticipada | 12 € na billeteira

📍 Entradas á venda no Adro, Carlete e Wells Libros. Reservas por WhatsApp no 722 45 60 13.

❤️ Vémonos no Adro!

18/10/2026
ESTE SÁBADO BONEKA 404!Diablo! Boneka outra vez no Adro con tremendo piquete para baixar ben duro ata o piso! ❤️Comezamo...
13/10/2026

ESTE SÁBADO BONEKA 404!

Diablo! Boneka outra vez no Adro con tremendo piquete para baixar ben duro ata o piso! ❤️

Comezamos ás 22:30!

LELLI KELLY'S PRESENTA NOVO LP NO ADRO!Virán acompañados, e moi ben acompañados, de 800gondomar e djgramola e algunha qu...
09/10/2026

LELLI KELLY'S PRESENTA NOVO LP NO ADRO!

Virán acompañados, e moi ben acompañados, de 800gondomar e djgramola e algunha que outra sorpresa.

Venres 16 de Outubro 22:00
15€ anticipada / 18 € billeteira

Imooooos!

09/10/2026

O DOMINGO 11 DE OUTUBRO UNHA ONDA DE ENERXÍA ESTRATOSFÉRICA SACUDIRÁ O ADRO. 💥

Lidia India vai poñernos a bailar a base de tradición, fusión, electrónica e moita vitalidade. Non o perdaaaas! ❤️

HOMENAXE A PICHI — SÁBADO 24O próximo sábado 24 de outubro homenaxearemos a Pichi.Está sendo un ano duro para a música n...
09/10/2026

HOMENAXE A PICHI — SÁBADO 24

O próximo sábado 24 de outubro homenaxearemos a Pichi.

Está sendo un ano duro para a música no Morrazo, coa perda de compas fundamentais tanto enriba como debaixo dos escenarios.

Pichi seguirá presente na memoria de tantos amigos e amigas que fixo percorrendo fielmente salas e festivais, sempre na procura da mellor música en directo.

Para lembralo como merece, xuntaranse no escenario do Adro, coma sempre da man de Lestrato, Os Bar Ban Sónicos Matt Woods e Los Brazos

Unha noite de rock, amizade e memoria. ❤️

VENRES 9 DE OUTUBRO NOVA FOLIADA NO ADRO!Desta vez abrirán as compañeiras de Pandeireteiras Trébede da A.C. Peis d'hosVe...
09/10/2026

VENRES 9 DE OUTUBRO NOVA FOLIADA NO ADRO!

Desta vez abrirán as compañeiras de Pandeireteiras Trébede da A.C. Peis d'hos

Ven bailar, cantar, tocar ou mirar con envidia a quen o fai, pero ven!

Viva quen baila! Mirámonos no Adro!

Dirección

R/Real
Cangas
36940

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando O Adro Cangas publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a O Adro Cangas:

Atajos

Compartir