Krazzy Kray

Krazzy Kray Bebemos amplis e comemos guitarras. De postre baterías ou sintetizadores. Algunha cervexa tamén temos

🔥 Battosai GYOZA Ella La Rabia  🔥💥Sábado 11 de marzo toca zapatilla por partida triple! Os canarios Ella La Rabia, os ca...
06/03/2023

🔥 Battosai GYOZA Ella La Rabia 🔥

💥Sábado 11 de marzo toca zapatilla por partida triple! Os canarios Ella La Rabia, os cataláns Gyoza e os da casa, Battosai, xúntanse na Krazzy Kray para este primeiro concerto a tres bandas que se repetirá en Barcelona o próximo mes e en Madrid en xuño.

👉Oportunidade única para ver a estas tres bandazas en promo pack como se do Carrefour se tratase: tres bandas a prezo de unha!🤑

📅Sábado 11 de marzo '23 - 22:00h - 8€ anticipada/10€ en porta

⚠️RESERVA A TÚA ENTRADA ESCRIBÍNDONOS POR MENSAXE DIRECTO!

❤ Sinestesia grupo volven á casa para presentar o seu novo disco❤👉 O sexto traballo dos composteláns presenta 9 temas de...
28/02/2023

❤ Sinestesia grupo volven á casa para presentar o seu novo disco❤

👉 O sexto traballo dos composteláns presenta 9 temas de corte rupturista que cambian o rumbo musical da banda. "Na Marxe" ven cun son fresco e actualizado, produción a cargo do "Hevi" e colaboracións como a de Antía Muíño

Sen dúbida, unha das obras galegas que máis dará que falar neste 2023!

📅Domingo 5 de marzo / 20:00h / 5€



Este evento está financiado pola UE (fondos FEDER) como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19

💥THE BLACK WIZARDS💥👉As portuguesas The Black Wizards continúan a súa xira ibérica e paran na Krazzy para voarnos a cabez...
27/02/2023

💥THE BLACK WIZARDS💥

👉As portuguesas The Black Wizards continúan a súa xira ibérica e paran na Krazzy para voarnos a cabeza a golpe de fuzz e psicodelia! O power trío, que camiña entre o stoner e o hard rock, ven presentar o seu terceiro traballo discográfico; un LP árido e ácido con aroma 70s bautizado como "Reflections" co que as lusas se reafirman no panorama "fuzzadélico" do vello continente 🔥

Venres 3 de marzo | 22:30h | 7€ - RESERVA A TÚA ENTRADA POR ESCRIBÍNDONOS POR MENSAXE DIRECTO (DM)

Ola ola! 💥Aquí vai a programación de marzo!👉 Venres 03 - Os portugueses The Black Wizards veñen á Krazzy despois de que ...
22/02/2023

Ola ola! 💥
Aquí vai a programación de marzo!

👉 Venres 03 - Os portugueses The Black Wizards veñen á Krazzy despois de que nos deixasen flipados no de 2022
👉 Domingo 05 - Sinestesia grupo volve á casa para presentar o seu novo LP a través da Rede Galega de Músicas ao Vivo
👉 Sábado 11 - Noite de Alt-Rock con Battosai Ella La Rabia GYOZA
👉 Sábado 25 - Festichón! cos directos de Grampoder , e moitas sorpresas máis!
👉 Domingo 26 - Os franceses Gondhawa veñen coa súa "afropsicodelia" que nos encanta!
👉 Venres 31 - MOURA deixaron a Cambados boquiaberto na Festa do Albariño e agora volven para repetir xogada e presentar disco! (Concerto da Rede Galega de Músicas ao Vivo)

👉Camille Heìdouin é unha artesá do son. Nada en Rouen (Francia) con oríxenes francoitalianos e costamarfileños pero g...
20/02/2023

👉Camille Heìdouin é unha artesá do son. Nada en Rouen (Francia) con oríxenes francoitalianos e costamarfileños pero galega de adopción, leva desde os 15 anos ̃participándo coa súa voz en bandas de Jazz, electrónica e folk.
Foi en Galicia onde comezou a xogar con loops e samplers, creando composicións que funcionan como unha collage de texturas, formas e cores e que teñen como resultado a paisaxe sonora de MounQup, o proxecto artístico de Camille.

📅Domingo 26 de febreiro / 20:00h / 5€



Este evento está financiado pola UE (fondos FEDER) como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19

📀 Jamie 4 President  +   📀👉 ,  , ,  ... de todas estas bandas nace Jamie 4 President! Fundada en Madrid en 2012 e con in...
10/02/2023

📀 Jamie 4 President + 📀

👉 , , , ... de todas estas bandas nace Jamie 4 President! Fundada en Madrid en 2012 e con integrantes de toda a península, froito de previos encontros nas mencionadas formacións. Atópanse agora mesmo presentando o seu novo single doble e encamiñando a gravación do seu quinto LP, que verá a luz este mesmo ano.

👉 Os ferroláns volven á Krazzy despois de regalarnos un dos mellores concertos de 2022. Continúan coa presentación do seu primeiro LP "Everyone hates" onde amosan claramente as súas influencias do indie rock e o emo de finais dos 90 e dos 00.

Venres 11 de febreiro - 22.30h - 7€ por dúas bandazas! (podes reservar vía mensaxe directo)

Ola ola! 💥Aquí vai a programación de febreiro!👉 O bolazo con sold out que xa vivimos con The Rapants  a través da  👉 Sáb...
09/02/2023

Ola ola! 💥
Aquí vai a programación de febreiro!

👉 O bolazo con sold out que xa vivimos con The Rapants a través da
👉 Sábado 11 - Os madrileños Jamie 4 President e os ferroláns
👉 Xoves 16 - "Pé de Cuba" (Festa cubana)
👉 17, 18 e 19 - Pinchadas de Entroido!
👉 Domingo 26 - A franco-galega Mounqup chega a través da

💥 The Rapants  presentan 📀O CORASÓN COMO UN AFTER📀 na   ‼️👉Os de Muros veñen a toda a forsa co seu novo disco para conve...
01/02/2023

💥 The Rapants presentan 📀O CORASÓN COMO UN AFTER📀 na ‼️

👉Os de Muros veñen a toda a forsa co seu novo disco para convertir este frío domingo de febreiro nun fervedoiro de baile e festa! Podes reservar a túa entrada escribíndonos por MD, e xa che contamos 🙃

📅05/02/2023 - 20:00h - 5€

VENIRSE!



Este evento está financiado pola UE (fondos FEDER) como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19

🔥 Domingo de electrónica na Krazzy Kray! 🔥 Alex Silva +   +  👉 Alumno da Red Bull Music Academy en 2013, Alex Silva  é u...
26/01/2023

🔥 Domingo de electrónica na Krazzy Kray! 🔥 Alex Silva + +

👉 Alumno da Red Bull Music Academy en 2013, Alex Silva é un compositor e artista sonoro cuxa interpretación da música electrónica contemporánea ten moito que ver cos seus primeiros pasos tocando en bandas de punk. Dende Baltimore, onde reside, o coruñés lanza o seu primeiro traballo como Álex Silva, "Mind Pattern Explorer", para o selo Canadian DUCK Tapes . Este disco transpórtanos a un universo sonoro envolvente cheo de cores e tamén de sombras, con brillantes melodías sintetizadas pero tamén con escuras texturas que atrapan e envolven, evocando sons que viaxan dende o pop ata o progresivo pasando pola psicodelia máis densa e escura. Álex leva o a súa música ao directo apoiado por Paula Rego á batería e Hugo Santeiro ao baixo, cos que presentará tamén novos temas do seu vindeiro traballo

👉Aborigen é Jose Vazquez (Vigo, Galiza) figura clave no hardcore experimental nacional anos atrás e actualmenteá fronte de Estudios Pastora. Lanza hai un ano, tamén con Canadian Duck Tapes, "Estornino"

👉Lacön Sin Jrëlos é un novo proxecto electrónico chegado dende Cangas

Domingo 29 - 20:00h - 7€ (en porta ou en entradium.com)

👉Esta semana, talento local con colaboracións internacionais!🔥🎙 Isi Vaamonde  visítanos coa súa banda, integrada polos h...
16/01/2023

👉Esta semana, talento local con colaboracións internacionais!🔥

🎙 Isi Vaamonde visítanos coa súa banda, integrada polos habituais cambadeses Rubén Iglesias Laya e Bruno Barreiro , aos que se suma desta volta o colonés Volker Ledwig
✨Ademais contaremos cunha colaboración sorpresa que fará desta cita de domingo unha tarde perfecta, impoluta, inmaculada! non sexades tontxs, non o perdades‼

Domingo 22 de xaneiro, 20:30h, acceso gratuíto e botes para colaborar á vontade

✨Os Reis Magos traenvos de regalo a Dani Cornes  ‼🎤Bebendo das cantautoras tanto clásicas como contemporáneas, a música ...
04/01/2023

✨Os Reis Magos traenvos de regalo a Dani Cornes ‼

🎤Bebendo das cantautoras tanto clásicas como contemporáneas, a música de Dani Cornes (e banda) pode lembrar máis nalgúns momentos á pura troba cubana e, noutros, á música electro-folk de Bon Iver, Phoebe Bridgers ou Ben Howard.

📀En "Aquí Sempre Tes Casa", que sairá á luz en 2023, o son busca asentarse a medio camiño entre ambas as influencias, intentando maridar correntes dispares tratando temas de corte íntima, pero sen esquecer o político e a crítica no día a día.

🥁🎸🎻O artista grovense leva ao directo as súas creacións apoiándose en David Castro (guitarra), Paula Rego (batería) e Gustavo Rey (baixo)

📅Sábado 7 de xaneiro, inauguramos concertos de 2023 con Dani Cornes, 22:30h, acceso gratuíto e botes habilitados á vontade. Vénganse!

🥳  viñeron pinchar no   e molounos tanto a que armaron non se nos ocorreu mellor forma de estrenar este 2023!🔥✨Despois d...
28/12/2022

🥳 viñeron pinchar no e molounos tanto a que armaron non se nos ocorreu mellor forma de estrenar este 2023!🔥

✨Despois das uvas abriremos a garita para bailar ata que sexa día! Vémonos onde sempre para darnos bicos e abrasos e entrar no ano novo con bo pe!✨

ENTRADA LIBRE‼️

Dirección

Rúa Da Parra 9
Cambados
36630

Horario de Apertura

Miércoles 16:00 - 12:00
Jueves 16:00 - 12:00
Viernes 20:00 - 05:30
Sábado 16:00 - 05:30
Domingo 16:00 - 03:00

Teléfono

+34610832581

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Krazzy Kray publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Krazzy Kray:

Compartir