16/07/2026
🐓🐴 𝐕𝐨𝐝𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐩𝐫𝐚𝐭𝐚 𝐝𝐚 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐨 𝐏𝐢𝐧̃𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐞 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐂𝐚𝐛𝐚𝐥𝐚𝐫 𝐝𝐨 𝐏𝐢𝐧𝐨
Os días 𝟏 𝐞 𝟐 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 agárdante dúas xornadas cheas de tradición e espectáculo na 𝐗𝐗𝐕 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐨 𝐏𝐢𝐧̃𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐞 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐂𝐚𝐛𝐚𝐥𝐚𝐫, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.
✨ Nesta edición tan especial, o 𝐩𝐫𝐞𝐠𝐨́𝐧 correrá a cargo das 𝐫𝐚𝐩𝐚𝐳𝐚𝐬 𝐞 𝐫𝐚𝐩𝐚𝐜𝐞𝐬 𝐝𝐨 𝐏𝐢𝐧𝐨 𝐜𝐚𝐦𝐩𝐢𝐨́𝐧𝐬 𝐝𝐞 𝐄𝐮𝐫𝐨𝐩𝐚 𝐝𝐞 𝐅𝐮́𝐭𝐛𝐨𝐥 𝐆𝐚𝐞́𝐥𝐢𝐜𝐨 nas dúas últimas temporadas. Un recoñecemento ao seu esforzó e talento e do orgullo que representan para o noso concello.
Non faltarán as citas imprescindibles:
🐓 XXV 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐠𝐚𝐥𝐨𝐬 𝐞 𝐠𝐚𝐥𝐢𝐧̃𝐚𝐬 𝐝𝐞 𝐫𝐚𝐳𝐚 𝐩𝐢𝐧̃𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐯𝐢𝐯𝐨𝐬
🐴 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐂𝐚𝐛𝐚𝐥𝐚𝐫, cos mellores exemplares da comarca
🍽️ 𝐗𝐚𝐧𝐭𝐚𝐫 𝐩𝐨𝐩𝐮𝐥𝐚𝐫. Podes mercar as entradas nos establecementos hostaleiros do municipio
🧶 𝐕𝐈 𝐀𝐫𝐭𝐞𝐬𝐚𝐧𝐢́𝐚 𝐧𝐨 𝐂𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐨, con artesás e artesáns galegos, demostracións de oficios e obradoiros
🚗 𝐈𝐈 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐧𝐭𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐜𝐡𝐞𝐬 𝐜𝐥𝐚́𝐬𝐢𝐜𝐨𝐬 𝐞 𝐡𝐢𝐬𝐭𝐨́𝐫𝐢𝐜𝐨𝐬
🦅 Exhibicións de 𝐯𝐨𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐯𝐞𝐬 𝐫𝐚𝐩𝐚𝐜𝐞𝐬 e animación para toda a familia.
🌙 O 𝐬𝐚́𝐛𝐚𝐝𝐨, déixate sorprender por 𝐐𝐮𝐢𝐦𝐞𝐫𝐚, un espectáculo que combina maxia, acrobacias aéreas e malabares.
🐎 E o 𝐝𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨, como broche de ouro ás vodas de prata da festa, chega 𝑺𝒊𝒏 𝑳𝒊́𝒎𝒊𝒕𝒆𝒔, o espectáculo ecuestre de 𝐒𝐚𝐧𝐭𝐢́ 𝐒𝐞𝐫𝐫𝐚 𝐂𝐚𝐦𝐩𝐬, o recoñecido ‘susurrador de cabalos’,
cunha emocionante exhibición de doma en liberdade.
📍 𝐎 𝐏𝐢𝐧𝐨: 𝟏 𝐞 𝟐 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨
Vive unha fin de semana inesquecible e celebra connosco 𝟐𝟓 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐨𝐫𝐠𝐮𝐥𝐥𝐨 𝐩𝐨𝐥𝐨 𝐧𝐨𝐬𝐨 𝐫𝐮𝐫𝐚𝐥.
¡Agardámoste! 💛💙
A 🐴 𝐗𝐗𝐕 𝐅𝐞𝐬𝐭𝐚 𝐝𝐨 𝐆𝐚𝐥𝐨 𝐏𝐢𝐧̃𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐞 𝐌𝐨𝐬𝐭𝐫𝐚 𝐂𝐚𝐛𝐚𝐥𝐚𝐫 do Pino conta coa colaboración de Turismo da Deputación da Coruña; Turismo de Galicia, Fundación Pública Artesanía de Galicia Axencia Galega das Industrias Culturais
Nova completa na web 👉 https://goo.su/i3WZR