03/09/2026
📍 Innovamos para seguir ofrecendo a mellor calidade e coidar do noso contorno! 🌿🔥Grazas ao apoio do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), renovamos o noso equipamento coa instalación dun forno de brasas de alta eficiencia HBE 150.
Esta actuación permite optimizar a eficiencia térmica no noso proceso gastronómico, reducindo un 35% o consumo de biomasa e as emisións de CO₂. 🇪🇺 Cofinanciado pola Unión Europea | Programa Galicia FEDER 2021-2027. IBUBeerGrill EficienciaEnerxetica