14/07/2022
MODIFICACIÓN PUNTUAL DA CIRCULACIÓN POLA CELEBRACIÓN DA PROCESIÓN DO CARME.
O Sábado día 16 de Xullo por mor da celebración da procesión do Carme, entre as 11 e as 14 horas procederase a facer unha modificación puntual da circulación consistente nos seguintes cambios;
Durante o tempo que a procesión transcorre polo Malecón de Gasset:
- O Malecón de Gasset será habilitado de sentido único, sentido Peirao do Marques – Ponte de Noia. (Reflectido no mapa que se adxunta de cor azul)
- As rúas Escultor Ferreiro e Ferrador permanecerán pechadas o tráfico debido a celebración da Feira Medieval.
- Toda a circulación que acceda o centro de Noia pola Ponte do Campo, será desviada polo Malecón de Cadarso, motivo polo que se recomenda os conductores que no caso de ser posible utilicen estradas complementarias para non colapsar esta rúa.
- Os TURISMOS que circulen polo Malecón de Cadarso e teñan como destino Muros - Santiago circularán polas rúas Espíritu Santo, Santísima Trinidade e Corredoira de Luis Cadarso, saíndo na rúa de Galicia. (reflectido no mapa que se adxunta de cor verde)
- Os vehículos de máis de 3500Kg que circulen pola carretera de Boiro ou Ribeira e o seu destino sexa Noia Norte-Muros-Santiago terán que circular pola ponte de Testal.
Durante o tempo que a procesión transcorre polo Malecón de Cadarso.
- O Malecón de Cadarso permanecerá pechado a circulación.
- Todos os vehículos que accedan pola Ponte do Campo de Noia serán desviados polo Malecón de Gasset.
- Todos os vehículos que circulen sentido Peirao do Marques – Ponte do Campo de Noia, serán desviados por esta última.
- Todos os vehículos cuxo destino sexa a zona de San Lázaro deberán circular pola Ponte de San Francisco.
Recoméndase que a maña do sábado se circule pola periferia para evitar retencións; (acceso a San Lázaro pola ponte de Traba e Ponte de San Francisco e a Ribeira-Boiro-Muros-Santiago pola ponte de Testal.)